

Aquelarre Dixital #3: do buzón de ideas á maxia en común
Hosted by Aquelarre Dixital
Registration
Past Event
About Event
O Aquelarre Dixital convoca unha nova xuntanza!
Nesta ocasión:
Daremos vida ao buzón de ideas 💡 baixando os proxectos á terra.
Traballaremos na identidade en redes sociais.
"Plantaremos" as bases da árbore de capacidades para visibilizar o que pode aportar cada meiga.
Coma sempre, teremos un espazo aberto para compartir o que surxa no momento e seguir coñecéndonos 🌸
E, por suposto, non faltará a merenda! 🍪 Traede algo para compartir: as vosas recetas favoritas ou o que máis vos apeteza.
📌 + info
O evento será stremeado en directo
Aberto a membros do Aquelarre Dixital e novas meigas que queiran sumarse
Podes participar activamente ou simplemente escoitar e levar contigo inspiración!