

Síndrome do impostor: un bug que non aparece nos logs
Hosted by Aquelarre Dixital
Registration
About Event
Está aí. Non da erro. Non rompe nada. Pero corre en segundo plano todo o tempo, consumindo recursos, boicoteando decisións, convencéndote de que o próximo deploy vai ser o que che deixe finalmente en evidencia.
Ilda Neta leva máis de 6 anos escribindo código e esquivando esa voceciña interna que di "hoxe vante descubrir...". Enxeñeira móbil senior e supervivinte da síndrome do impostor, Ilda vainos falar da súa experiencia de primeira man e tamén do que podemos facer cando o noso cerebro decide ir na nosa contra.
🥨 Ao remate teremos networking + petiscos 😉✨
Aquelarre Dixital estréase ao público coa súa primeira charla, powered by Deus. Non a podes perder! 💖
Créditos da imaxe do evento: @absurdamelancolia